Os Cempés
Os Cempés | |
---|---|
Orixe | Ferrol, Galicia, |
Período | 1992–2007, 2011–2012 |
Xénero(s) | Folk Música tradicional galega |
Membros | Oscar Fernández Serxo Ces Antón Varela Oscar Painceiras Cabe García José Piñeiro |
Antigos membros | Carlos Zaera Beto Niebla Pablo Ces Tony D'arco |
Na rede | |
Os Cempés foi un grupo musical de folk e música tradicional galega formado en 1992 en Ferrol.
Historia
[editar | editar a fonte]O grupo iniciou a súa historia en 1992, debutando nun concerto benéfico en Cedeira. A primeira formación estaba composta por Ócar Fernández, Carlos Zaera, Antón Varela, Beto Niebla, Pablo Ces e Serxio Ces. Da formación orixinal o gaiteiro Carlos Zaera morreu nun accidente de tráfico o 17 de marzo en 1995 antes de poder ver o resultado das primeiras gravacións.
Opaiii! foi o título escollido para o primeiro traballo, que foi gravado en varios locais galegos, conforme o grupo ía facendo concertos, e que reflicte a intención do grupo por facer música popular. O disco tivo escaso éxito en Galicia, inda que non en circuítos europeos. Conforme o grupo evolucionou, foi cobrando máis protagonismo instrumentos como a zanfona, o acordeón e os saxo, así como aumentando tamén a presenza das pezas cantadas, compostas en base a coplas tradicionais e outras de autoría propia. A pesar deses cambios, a raizame popular do grupo segue a reflectirse tanto nas pezas escollidas (rumbas, pasodobres, fox-trot) como nas melodías doadas.
Un dos aspectos importantes da formación foron os seus directos, de eminente carácter festeiro. De feito o último disco foi Moe a moa, un directo gravado en Vigo. O 11 de outubro de 2007, durante a gala dos VI Premios Opinión de Música Folk, o grupo fixo a última actuación para despois desfacerse oficialmente.
Membros
[editar | editar a fonte]A última formación do grupo foi:
- Oscar Fernández, acordeón e zanfona electroacústica
- Serxo Ces, voz, saxo, percusións e pandeireta
- Antón Varela, gaitas e clarinete
- Oscar Painceiras, baixo eléctrico
- Cabe García, guitarra eléctrica
- José Piñeiro, batería
Membros anteriores
[editar | editar a fonte]- Carlos Zaera , gaitas(1992-1995)
- Beto Niebla, tamboril, darbouka, voz (1992-1999)
- Pablo Ces, percusións, voz (1992-1999)
- Tony Do Jaz, batería
Colaboradores
[editar | editar a fonte]- Álvaro Lamas, steel guitar
- Carlos Beceiro, zanfona, bouzuki, viola braguesa
- Fran Rey: piano
- Ugia Pedreira: voz
Discografía
[editar | editar a fonte]- ¡¡Opa iii!! (1995)
- Capitán re (1997)
- Circo Montecuruto (2000)
- Moe a moa (2003)
- Tentemozo (2012)
Recompilatorios
[editar | editar a fonte]- Os cempés 11 anos (2005) (Selección remasterizada do seus traballos anteriores máis unha peza nova)